subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso instala un parque de calestenia e dúas estacións de reparación de bicicletas de libre uso por parte da veciñanza


Trátase de demandas que os clubs deportivos trasladan ao grupo de goberno nas reunións que manteñen de forma periódica

orosoO Concello de Oroso instalou nos últimos días un parque de calestenia e dúas estacións de reparación de bicicletas de libre uso por parte de todos os veciños e veciñas.

Unha das estacións está na explanada do pavillón municipal e outra ao lado da piscina. Sirven para inflar rodas, arranxar pinchazos e facer outras reparacións. Os veciños e peregrinos poden utilizar o Código QR que atoparán para ler as instrucións completas de uso.

Polo que respecta ao parque de calestenia, está ubicado tamén ao carón da piscina e do Carboeiro. Neste tipo de instalacións pódense realizar exercicios a partir de elementos estáticos que axudan a desenvolver a forza e a fortaleza dos músculos. Nesa mesma zona hai uns aparatos biosaudables e algúns deles serán reparados nos próximos días.

“Desde o concello mantemos reunións periódicas cos clubs deportivos para coñecer as súas necesidades e demandas; neste caso, estas instalacións xurdiron de encontros co Club Ciclista Oroso e o Club Atletismo Tambre”, explica Antonio Leira

A posta en marcha de novas instalacións para a práctica deportiva continúa, co novo circuito para bicicletas ou o espazo multideporte que o Concello de Oroso fará en Porto Avieira.

“Fomentar os hábitos de vida saudables e poñer en valor os nosos espazos naturais son prioridades para este concello, polo que seguiremos dando pasos neste sentido”, engade o alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde