subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Manuel 'Coco' Rey, un veciño de Oroso na élite do voo acrobático mundial


orosoManuel Rey Cordeiro, ‘Coco’, é un veciño de Oroso, concello ao que chegou hai xa varias décadas pola súa ubicación preto do aeroporto do Lavacolla.

Piloto comercial desde o ano 2000, é comandante de Airbus 320 na compañía Vueling, pero sobre todo é coñecido pola súa faceta de piloto acrobático.

“O mundo da aviación é para mín unha paixón desde que era un neno, sempre sentín atracción polos avións”, explica.

A súa paixón converteuse na súa profesión pero sen deixar nunca as competicións deportivas en ultralixeiro, voltas aéreas e acrobacia. Foi campión de España 12 veces e ten medallas de Plata en campionatos de Europa e do Mundo.

No último campionato de España de Voo Acrobático, obtivo un bronce e unha plata nas modalidades de Freestyle e Limitado, respectivamente.

Rey forma parte desde hai moitos anos da patrulla acrobática Asociación Jacob 52, unha entidade sen ánimo de lucro para difundir a afección aos voos en xeral e a acrobacia en particular. Contan cunha flota de Yak-52, un modelo de avión ruso ideal para as grandes acrobacias.

A Asociación ten a súa Base Principal no Aeródromo de Casarrubios (LEMT), onde residen o maior número de avións, e onde atópase ubicado o Centro de Mantenimiento (C.M.A), encargado do mantemento de todos os Yak 52. Os socios de Jacob 52 acumulan más de 200.000 horas de voo.

“Entrenamos cando podemos as fines de semana”, explica Manuel Rey. “Risco? Sempre hai, como cando practicas Formula 1 ou outro tipo de actividade similar, pero lóxicamente é un risco que controlamos para que non pase nada, todo está moi ensaiado”, afirma.

Mentres planifica no futuro próximos campionatos, ‘Coco’ Rey afirma sentirse moi a gusto como veciño de Oroso, onde a ben seguro atopa a tranquilidade necesaria para coller folgos e seguir voando…

Moita sorte nos próximos retos!