subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Unha tempada de éxitos para o deporte de Oroso


orosoOs clubes e deportistas de Oroso pecharon unha nova tempada chea de éxitos que o goberno local quere recoñecer, aínda que polas restricións sanitarias non é posible celebrar a tradicional gala do deporte.

O alcalde, Luis Rey, e o concelleiro de Deportes, Antonio Leira, estiveron onte nas instalacións do Club Leones de Oroso de béisbol.

No debut do club na categoría sofbol mixto xuvenil, o equipo proclamouse campión da liga autonómica Xunta de Galicia.

"Con este debut demostramos que en Oroso estamos pisando forte nesta modalidade e o sofbol será outra marca destacada dentro do Club Leones", asegurou Antonio Leira.

O alcalde agradeceu pola súa parte "o esforzo e o traballo do club en todas as categorías e modalidades nas que participa".

Nos próximos días, continuarán os recoñecementos do concello a clubes e deportistas de diferentes modalidades