subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

I Torneo Hockey Oroso


orosoNa xornada de onte, tivemos o pracer de compartir uns bos momentos de hockey cos nosos amigos e veciños do Compostela Club de Hockey.

Houbo en concreto tres partidos entre o club Hockey Oroso e o Compostela club Hockey en categorías prebenxamín, benxamín e infantil.

O alcalde de Oroso, Luis Rey, e o concelleiro de Deportes, Antonio Leira, estiveron no torneo.

"Satisfeitos por un novo evento no que recuperemos parcialmente a normalidade e por ver os avances do club de hockey, unha mostra máis da diversidade na aposta deportiva no noso concello", apuntou Antonio Leira.

"Darlle as grazas ao concello, en nome de todos os que formamos parte do clube hockey Oroso, por toda a axuda que nos prestan para poder levar a cabo esta actividade", asegurou a presidenta do club, Susana Fernández.

Damos as grazas ao club organizador, os seus colaboradores, aos participantes de ambos equipos e ás súas familias pola asistencia.