subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso abre o prazo de inscrición nos cursos gratuítos de natación verán 2021


O prazo de solicitude remata o 24 de xuño e os únicos requisitos son cubrir a folla de inscrición e ter o carné de abonado da piscina.

orosoO Concello de Oroso vén de abrir o prazo de inscrición nos cursos de natación Verán 2021, uns cursos gratuítos que se impartirán na piscina municipal de Sigüeiro entre o 1 e o 30 de xullo. A iniciativa está dirixida tanto a nenos de 4 a 16 anos, como a adultos (maiores de 16 anos), que deberán entregar a solicitude no rexistro do Concello ou na sede electrónica, antes do 24 de xuño.

O Concello de Oroso estableceu un horario matutino para as clases de natación para os nenos, concretamente de luns a venres de 11:00 a 13:30 horas; mentres que para os adultos será de luns a venres, a partir das 20:20 horas ata ás 21:00 horas. Os únicos requisitos para participar nestes cursos de natación son ter tramitado o carné de abonado da piscina e cubrir a correspondente folla de inscrición.

Os menores de 8 anos deberán ir acompañados por pai/nai ou titor (só unha persoa).

Carné abonado

A piscina municipal de Sigüeiro está aberta ao público dende mediados do pasado de maio. Para obter o carné de abonado, os solicitantes poden solicitalo na web municipal, dende onde tamén poden pagar as cotas on line (apartado instalacións deportivas).