subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso abrirá o 15 de maio a piscina municipal con aforo limitado e todos os protocolos Covid-19


orosoO Concello de Oroso abrirá na segunda quincena de maio a piscina municipal, grazas á cuberta instalada o ano pasado que permite o uso das instalacións mesmo os días que o bo tempo non acompaña.

“O concello ten como obxectivo que a veciñanza disfrute da piscina respectando as normas derivadas do coronavirus, xa que a saúde é o primeiro a día de hoxe”, afirma Antonio Leira, concelleiro de Deportes.

A ocupación máxima será do 50%, cumprindo coas recomendacións sanitarias vixentes, e o horario de apertura das instalacións será de 16:00 a 21:00 horas do 15 ao 31 de maio (os sete días da semana). A partir do 1 de xuño, o horario é de 11:00 a 21:00 horas.

PREZOS CARNÉS PISCINA:

Nenos/as EMPADROADOS de 4 a 16 anos…..: 17 Eur.
Maiores de 16 anos EMPADROADOS........: 25 Eur.
(Familia numerosa desconto 20%)

Nenos/as NON EMPADROADOS de 4 a 16 anos.....: 24 Eur.
Maiores de 16 anos NON EMPADROADOS..........: 32 Eur.

PREZOS ENTRADAS PISCINA:Nenos/as de 4 a 16 anos…..: 1,50 Eur.
Maiores de 16 anos................................: 2,00 Eur.

Unha vez completo o aforo establecido, o usuario non poderá acceder á instalación ata que non saian outros usuarios.