subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Escríbelle unha carta a Heinrich S. Von Zug


orosoO Concello de Oroso entregou aos centros educativos locais unha nova unidade didáctica, referida ao primeiro peregrino suízo do que se ten constancia que percorrera o Camiño Inglés cara a Santiago, Heinrich S. von Zug. Do seu paso por Sigüeiro vanse cumprir 490 anos o vindeiro mes de marzo.

Ademais, o concello convoca unha nova edición do certame para estudantes ‘Escríbelle unha carta a Heinrich von Zug’.
Xa se fixeran unidades didácticas e concursos en anos pasados cando se conmemorou o paso por Sigüeiro da primeira británica, húngaro e italiano, Margery Kempe, János Zádori e Cosme de Medicis, respectivamente.

Na imaxe, o concelleiro de Turismo, Antonio Leira, presentándolle a unidade didáctica ao director do CEIP do Camiño Inglés, Francisco Ávila. “É un forma de que os rapaces e rapazas coñezan a historia da personaxe, como xa fixemos outros anos con Margery Kempe e János Zádori, e de que sepan máis cousas do Camiño Inglés”, sostén Leira.

Oroso é cada día máis coñecido polo seu papel na revitalización do Camiño Inglés e no municipio está único centro de mundo adicado ao estudo deste sendeiro medieval, que procedía da Coruña e Ferrol para rematar en Compostela: o CEICI (Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés).