subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Camiño Inglés, nun xornal británico


orosoOutro diario inglés, Yorkshire Times, publicou unha ampla información firmada polo seu redactor Phil Hopkis (na foto), na cal informa aos seus lectores de que o 2021 é ano santo -aglo obvio en Galicia en xeral pero pouco coñecido en Gran Bretaña.

A continuación só fala de un Camiño de Santiago, o Inglés, do que di que a Asociación de Concellos -presidida polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás- ten preparadas varias accións, e resalta o investimento que se vai hacer en varios puntos, destacando o novo albergue co que contará Pontedeume, "con espectaculares vistas sobre o esteiro do río Eume".

A publicación -que cómpre repetir que non é a primeira- vén confirmar o impacto que en Inglaterra están a ter os esforzos da Asociación de Concellos, do Concello de Oroso e da Diputación da Coruña. Ao respecto, hai que recordar que no ano 2019 os peregrinos deixaron máis de 600.000 euros en Oroso.