The Finchale Camino Inglés, Durham, a pilgrimage way. " /> The Finchale Camino Inglés, Durham, a pilgrimage way. " /> The Finchale Camino Inglés, Durham, a pilgrimage way. " /> Concello de Oroso - Durham potencia o Camiño Inglés
subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A asociación de Durham que potencia o Camiño Inglés activa a súa páxina en facebook


orosoA Friends of Finchale Camino Inglés, unha asociación de amigos do Camiño de Santiago auspiciada polo Concello de Oroso coa colaboración de Deputación de Coruña, non descansa nin coa pandemia, e nos últimos tempos revitalizou a súa páxina en Facebook, chamada The Finchale Camino Inglés, Durham, a pilgrimage way.

Actualizándose seis días á semana, nela se poden atopar dende adiviñas ata imaxes doutros países de onde procedían historicamente os peregrinos (Islandia, Dinamarca, Finlandia, etc.).
E por suposto dedican tamén posts ao Camiño Inglés xa en territorio galego.

A asociación ten 26 membros, e o seu presidente é Keith Taylor, un veterán peregrino que foi tamén hospitaleiro voluntario en Rabanal del Camino (Camiño Francés).