O Concello de Oroso presenta a súa programación de Nadal, cunha variada oferta para todas as idades e con todos os protocolos pola situación sanitaria
O Concello de Oroso xa ten lista a súa programación de Nadal, cun amplo calendario de actividades de cultura e lecer.
O concello ten loxicamente previstos todos os escenarios pola situación sanitaria e tivo un conta as restricións e protocolos expedidos polas autoridades sanitarias, que se aplicarán exhaustivamente en cada unha das citas programadas.
Conscientes da realidade que estamos a vivir, o Concello de Oroso organizou unha programación de Nadal desde o entusiasmo pero coa cautela e precaución precisas. Serán unhas festas diferentes pero igualmente especiais.
O goberno local diversificou a oferta de entretemento e cultural pensando en todos os públicos, desde os máis cativos ata as persoas maiores.
Nos próximos días iremos informando de cada unha das actividades.