subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Reforma da antiga pista de squash


orosoO Concello de Oroso rematou as obras de reforma e acondicionamento da antiga pista de squash do centro deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro.

Tras os traballos, os clubs deportivos e a veciñanza en xeral gañan un novo espazo multidisciplinar, no que se poderán realizar diferentes actividades.

Ademais de varios deportes os clases de ximnasia, o espazo tamén poderá acoller actividades culturais ou de entidades sociais.

Con esta actuación, a Concellería de Deportes continúa co seu plan de reforma e mantemento de todas as instalacións, co obxectivo de sacarlles o máximo proveito e poñelas a 1disposición da veciñanza.