subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso abre o prazo para solicitar as axudas do programa PEL-Reactiva, destinadas a pemes e autónomos con actividade no municipio


orosoO Concello de Oroso xa abriu o prazo para solicitar as achegas do programa PEL-Reactiva da Deputación da Coruña, destinadas a pemes e autónomos con actividade no municipio e afectados pola pandemia do coronavirus.

En concreto, Oroso repartirá 134.583,62 euros en achegas, dos que o 80% serán aportados pola institución provincial e o 20% polo concello.

Estas axudas da liña PEL-Reactiva poderán solicitalas os autónomos e microempresas que se viran afectadas polo peche do negocio durante o estado de alarma, así coma aquelas que viran reducida a súa facturación en máis dun 75% ou se acolleran a un ERTE.

As subvencións oscilarán entre os 1.500 euros para traballadores por conta propia sen traballadores ao seu cargo e os 3.000 euros, aos que poden optar as microempresas e autónomos/as que conten cun cadro de persoal de entre 6 e 9 traballadores/as.

“Desde as administracións temos que activar todo tipo de medidas para axudar a sectores como a hostalería e o comercio”, afirma Antonio Leira, concelleiro de Promoción Económica de Oroso, que lle demanda á Xunta de Galicia “que esté ao carón das pemes e os autónomos, xa que é realmente o goberno galego o que ten as competencias”.

Os fondos poderán ser destinados, entre outras cuestións, a gastos de adaptación e acondicionamento dos negocios á nova realidade derivada da pandemia como pode ser a compra de mamparas de protección, a adquisición de produtos hixiénicos e de limpeza, material antiséptico ou desinfectante, así como a gastos correntes de subministracións de auga, luz ou gas.

As solicitudes realizarase por vía telemática a través da sede electrónica do Concello. O prazo de presentación finalizará ás 14:00 horas do día 25 de novembro de 2020.

👉 BASES DO PEL-REACTIVA:
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/08/05/2020_0000005419.html

👉 SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DE OROSO:
https://sede.oroso.gal/opencms/gl/