subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Reapertura das instalacións deportivas


orosoO Concello de Oroso ten previsto abrir as instalacións deportivas municipais a partir de outubro, de forma progresiva e respectando sempre as limitacións impostas para a contención da COVID.

O concelleiro de Deportes, Antonio Leira, mantén desde hai dous meses reunións con todos os clubes para planificar esta volta á actividade, tendo en conta ademais todas as indicacións das respectivas federacións deportivas.

A prioridade da Concellaría de Deportes é a de minimizar o máximo posible os riscos dos usuarios e monitores, protexendo a súa saúde, para tal fin reforzarase a limpeza e hixienización das distintas instalacións.

Así mesmo, a Concellaría poñerá a disposición de todos os usuarios e clubs deportivos, alfombras para desinfección de calzado, xeles e liquidos de hixienización. O Concello redactou tamén unhas normas básicas pero moi importantes cun protocolo que todos debemos cumprir.

De forma gradual daráselle preferencia a deportes que teñan calendario de competición, deportes individuais ou deportes ao aire libre. Sendo necesario para o inicio das actividades: a solicitude e compromiso responsable da aceptación das normas do Concello e presentar o protocolo das respectivas federacións Deportivas da que dependa cada club, aprobado pola Secretaria Xeral do Deporte.

Sabemos que son tempos difíciles, pedimos máxima responsabilidade a todos/as e contamos ca vosa colaboración para poder seguir ofrecendo a posibilidade de facer actividades deportivas que como ben sabedes ten beneficios moi importantes para a saúde física, mental e sobre todo nos momentos que vivimos.