subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Aberto o prazo para solicitar a concesión de bolsas destinadas a deportivas do Concello de Oroso


orosoMañá abre o prazo para solicitar a concesión de bolsas destinadas a deportivas do Concello de Oroso. O obxecto das bolsas e fomentar a práctica deportiva e a súa participación nas competicións oficiais dos deportistas do Concello de Oroso en deportes de carácter individual.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das bolsas aquelas personas que cumpran as seguintes condicións:
a) Ter nacionalidade española e 12 anos ou máis cumpridos na data do último día de prazo de presentación de solicitudes.
b) Estar empadroado no Concello de Oroso na data de aprobación destas bases e estar con anterioridade de forma ininterrompida polo menos dous anos.
c) Dispoñer de licenza federativa deportiva en vigor.
d) Participar en cualquera competición ou proba oficial de nivel autonómico ou superior e/ou convocatorias das seleccións galega ou española da especialidade, durante o ano anterior.
e) Non ser beneficiario de Bolsa ADO no ano presente e anterior.
f) Que non sexan beneficiarios doutras axudas por parte doutras administracións públicas ou entidades privadas para os gastos subvencionados que sumadas ás concedidas polo concello excedan do gasto realizado por este concepto.
g) Non estar incurso/a o/a solicitante en ningún dos casos previstos no artículo 13.2 da ley xeral de subvencións.
h) Non tener pendente de xustificar subvención concedida polo concello.

Prazo
As solicitudes deberán presentarse no prazo de 30 días naturais a contar desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria de hoxe, 2 de setembro (BOP nº 143)

Importe das axudas
– 4 bolsas de 500 € (do 1.º solicitante con maior puntuación ao 4.º).
– 4 bolsas de 300 € (del 5.º ao 8.º).
– 4 bolsas de 200 € (del 9.º ao 12.º).

Publicación das bases reguladoras no Boletín Oficial da Provincia: 26/08/2020 (BOP nº 138).