subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Programa de conciliación laboral e familiar


orosoEste programa, gratuíto, celebrouse durante todo o mes de xuño, dirixido a familias con nenos/as de 4 a 12 anos para axudar a concililar a súa vida laboral e familiar.

Organizadas polo Concello de Oroso coa contratación de tres monitores especialistas en actividades deportivas, culturais e de tempo libre. Contouse tamén coa inestimable colaboración de varios clubs deportivos do Concello.

Participaron 32 nenos/as e dividíronse en 4 grupos, que rotaron e desfrutaron facendo diversas actividades: golf, béisbol, hípica e sendeirismo nas instalacións de Porto Avieira; e fútbol, patinaxe, ximnasia rítmica e tenis de mesa no Complexo Deportivo de Sigüeiro. Estas actividades deportivas complementaronse con actividades educativas, culturais e ocio, onde non faltaron xogos, música e talleres.

Os dous ultimos días os cativos, como premio polo seu bo comportamento, puideron disfrutar da piscina. Tamén disfrutaron dun pequeno roteiro polos tramos que atravesa o Camiño Inglés a seu paso por Sigüeiro, cunha charla a cargo de Cristóbal Ramírez, que nos fixo de guía e amenizou a mañá explicando e contándonos historias do Camiño.

Aproveitamos para agradecer a confianza das familias depositadas en nós e pedir desculpas polos posibles erros. Como ben sabedes, o concello organizou estas xornadas con pouca marxe de tempo mentres esperabamos que camiño seguir coa cambiante situación sanitaria.

O obxectivo era ter os nenos/as ocupados, que aprenderan e disfrutaran das distintas actividades, cumprindo en todo o posible coas medidas sanitarias.

Agradecemos a colaboración dos seguintes clubs deportivos do Concello:

ED XUVENTUDE OROSO
CLUB OROSO TENIS DE MESA
CLUB XIMNASIA OROSO
CLUB PATÍN OROSO
CLUB HÍPICO CABALEIROS E AMAZONAS DE OROSO
CLUB BÉISBOL LEONES
CLUB TAMBRE GOLF