subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Melloras nas instalacións deportivas municipais


orosoO Concello de Oroso realizou melloras nas últimas semanas no ximnasio ubicado no pavillón municipal, en concreto, hai maquinaria nova a disposición de todos os veciños e veciñas, que poden utilizar as instalacións de forma gratuíta para facer deporte.

Esta actuación forma parte do plan de mellora continuada das instalacións deportivas do concello.

Máis de 1.300 persoas de todas as idades practican algún deporte en Oroso. “O fomento dos hábitos de vida saudables é unha prioridade na nosa acción de goberno”, asegura o concelleiro Antonio Leira.