subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Dous xogadores do Oroso Tenis de Mesa, en Francia


orosoOs próximos días 14, 15 e 16 de febreiro unha selección galega de seis xogadores viaxará a Francia a participar no Roncq Reactif Youth International Tournament, que se celebra preto da localidade francesa de Lille.

O equipo que se desprazará competirá baixo o nome de GALICIA MalovTM e del formarán parte dous xogadores da canteira do Club Oroso TM: Sasha Malov e Ekain Gómez. Viaxarán tamén con eles, como adestradores do combinado, os adestradores do club de Oroso Nuria Castro e Valeri Malov.

Xa está confirmada a presenza dalgúns dos mellores xogadores do país galo, tanto representando ás súas provincias, como tamén coa participación da Selección Francesa, así como varios equipos de Bélxica e Alemaña.

Sen dúbida unha gran experiencia para os pequenos que, ademais de representar a Galicia e ao seu club, farán que o nome do Concello de Oroso soe forte en terras francesas.

Unha vez máis, demóstrase o magnífico facer da Dirección Técnica do Oroso TM, que non só conta con varios equipos competindo entre os mellores de España a nivel nacional, senón que tamén o fai a nivel Internacional en competicións de tanto prestixio como a da próxima semana.

O Concello de Oroso quere trasladar a noraboa aos rapaces e ao equipo técnico do clube polo seu traballo e esforzo.