Melloras nas instalacións deportivas
Nas últimas datas, realizamos unha actuación de mellora nas instalacións que utilizan os nenos, nenas e adultos que practican taekwondo no Concello de Oroso.
Na propia sala de taekwondo, rematouse de reforzar a seguridade nas columnas, mentres que nos vestiarios instalouse un novo chan, estanterías e máis iluminación. Tamén dotouse de wifi o espazo.
“Desta forma, continuamos co noso plan de mellora continua das instalacións deportivas do concello, nas que fan deporte máis de 1.300 persoas”, afirma o concelleiro Antonio Leira.
As actuacións continuarán nas próximas semanas, sempre despois de escoitar as demandas e necesidades dos clubes deportivos.