subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

AVISO IMPORTANTE ANDAINA SOLIDARIA!!


orosoO punto de encontro, ás 10.30 horas deste domingo, será finalmente o CEIP Camiño Inglés, xa que teñen un espazo cuberto. Alí estaremos e en función da meteoroloxía decidiremos se facemos toda a andaina ou unha parte.

Lembrade que o Concello de Oroso organiza esta andaina solidaria a favor da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog).

Asanog é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu en 2012 a iniciativa dun grupo de familias cun denominador común, ter un fillo enfermo de cancro, e co obxectivo de contribuír no ámbito de Galicia ao mellor estado dos nenos oncolóxicos e as súas familias.