Éxitos do tenis de mesa de Oroso
Coa pretemporada xa comezada, a pleno rendemento os grupos de tecnificación preparando os próximos retos e sen case apenas descanso desde a finalización dos Campionatos de España en Tarragona, o tenis de mesa de Oroso acaba de levar unha grata noticia.
E é que se confirmaron que son catro os ascensos alcanzados na pasada tempada: tres a ligas nacionais e un á máxima categoría autonómica.
O Oroso Abanca de 2ª Division Nacional Feminina acababa a liga como líder do seu grupo, alcanzando así o ascenso directo á Primeira División Nacional.
O OrosoTM Hotel Santa Cruz, militante na máxima categoría autonómica: Primeira División Galega, alcanzou a segunda praza e esta semana a Federación Galega de Tenis de Mesa confirmaba o seu ascenso á Terceira División Nacional como mellor segundo de entre todos os grupos galegos.
En segunda división galega, o Oroso Barbería Tije acababa a liga regular como subcampión, e tamén recibía a boa noticia esta semana do seu ascenso á máxima categoría autonómica.
Pola súa parte, o OrosoTM Deporte Galego finalizou a campaña como líder do seu grupo, en primeira posición tras unha impresionante campaña das perlas da canteira orosá.