subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso organiza unha excursión gratuíta para a terceira idade con destino a San Andrés de Teixido e Cedeira


O Concello de Oroso abre hoxe o prazo de inscrición nunha excursión a San Andrés de Teixido e Cedeira, gratuíta para todas as persoas maiores de 60 anos residentes no Concello. A viaxe terá lugar o sábado 14 de outubro e todas as persoas que desexen participar deberán anotarse no Concello antes do venres 6 de outubro.

A viaxe está organizada polo Concello de Oroso, en colaboración coa Asociación da Terceira Idade de Oroso. Os participantes visitarán o santuario de San Andrés de Teixido, así como as fantásticas paisaxes da serra da Capelada, entre as que se inclúen os cantís más altos de Europa despois dos fiordos noruegos. O xantar, que terá lugar en Cedeira, custará 16 euros por persoa. Máis información na Concellaría de Atención ás Persoas Maiores ou no teléfono 981 691 478.