subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O servizo de emprego do Concello de Oroso abre un perfil en facebook para informar a diario sobre cursos e ofertas de traballo.


“Emprega Oroso” conta na actualidade con 824 usuarios, 42 máis que en decembro de 2012.

O servizo de ”Emprega Oroso” vén de abrir un perfil en Facebook (www.facebook.com/emprega.oroso) dende o que informa a diario e en tempo real sobre os distintos cursos formativos, axudas e ofertas de traballo que chegan ao Concello de Oroso e aos que poden acceder os 824 usuarios e usuarias deste servizo. O Concello de Oroso decidiu poñer en marcha este novo servizo despois do éxito acadado polo servizo de envío de información por e-mail en 2012, ano no que se realizaron un total de 388 envíos.

“Emprega Oroso” manterá o envío diario de e-mails con toda a información e as principais novidades sobre ofertas de emprego, oposicións, cursos de formación, obradoiros, información sobre listas abertas, convocatorias de competencias clave, recoñecementos da experiencia... Unha información que tamén estará dispoñible a través do seu perfil en Facebook, no que as actualización faranse de inmediato, segundo entre a nova información no servizo “Emprega Oroso” e non unha vez ao día, como se viña facendo ata o de agora.

42 novos usuarios

Durante os cinco primeiros meses de 2012, o servizo “Emprega Oroso” incrementou nun 5,4% o seu número de usuarios, ata chegar ás 824 persoas. Nestes primeiros meses de 2012, resolvéronse un total de 277 consultas, das que o 65% se corresponden coa busca de emprego. Canda esas 181 consultas sobre emprego, tamén se realizaron 80 consultas sobre formación, porcentaxes moi semellantes ás rexistradas en 2012.

Sen embargo, destaca especialmente o incremento de consultas sobre como crear unha empresa, pois nos primeiros 5 meses de 2013 rexistráronse un total de 16 consultas, fronte as 11 realizadas en todo o ano 2012. “Dende este servizo apostamos polo autoemprego como unha medida efectiva contra a crise económica e pola formación axustada aos novos xacementos de emprego”, lembra o concelleiro de Promoción Económica, Xaime Carneiro Uzal.