Festa da Xuventude e Churrascada de Mozos do Tambre
O Concello de Oroso acolleu este xoves a Festa da Xuventude e a churrascada organizada pola asociación Mozos do Tambre.
"Quero dar as grazas aos milleiros de persoas que nos visitaron na Festa da Xuventude, así como á asociación Mozos do Tambre pola magnífica organización da churrascada, na que ademais os xóvenes tiveron un moi bo comportamento", afirmou o alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde.
"Quero destacar tamén o traballo durante a noite da Policía Local, Protección Civil de Oroso e Guardia Civil, velando para que todo transcurrira con normalidade, e finalmente o esforzo do equipo de limpeza do concello para que as rúas estiveran todas limpas", engadiu.