subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Programación de Nadal no Concello de Oroso: Esta fin de semana, espectáculo para nenos e obradoiro de bonecos de neve


orosoO Concello de Oroso acolle este sábado, día 18, o espectáculo 'Derriba da lúa', de 'Rilo&Penadique', para nenos e nenas de 0 a 3 anos, e un obradoiro de bonecos de neve para maiores de 5 anos (máis información no cartel adxunto).

As dúas actividades forman parte da programación de Nadal, chea de maxia e con moitos actos centrados sobre todo nos máis pequenos e no público familiar.

Mañá, venres 17, remata tamén o prazo para participar no concurso de postais de Nadal con mensaxe.

Vanesa Boo, concelleira de Cultura do Concello de Oroso, destaca “a diversidade da programación, planificada para que os nosos veciños e veciñas, independentemente da súa idade, poidan disfrutar das actividades”.