subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso presenta o seu programa de Nadal, cheo de máxia, lecer e actividades para todas as idades


orosoO Concello de Oroso xa fixo público o seu Programa de Nadal 2021/2022, que chega cargado de actividades para todas as idades. Será un mes cheo de maxia, con moitos actos centrados sobre todo nos máis pequenos e no público familiar.

O pasado venres, día 3 de decembro, celebrouse o acendido do alumeado de Nadal, que da paso a un programa de actividades que inclúe obradoiros, espectáculos musicais, o tradicional Mercado de Nadal, concursos, teatro, maxia e, como non, a Cabalgata de Reis do día 5 de xaneiro.

Nas próximas datas, Oroso acollerá obradoiros de bonecos de neve, centros de Nadal con froitas e repostería, o Mercado de Nadal os días 22 e 23, o concerto da Escola de Musica Municipal ou a visita de Papá Noel. Como novidade, este ano chega a Oroso o Tren Safari, unha atracción da que se dará máis información nos próximos días.

Tamén haberá unha excursión xuvenil o 28 de decembro, o tradicional concurso de postais con mensaxe, teatro familiar con ‘As bombas e o xeneral’ ou o espectáculo de maxia ‘El mágico viaje de Patri Zenner’.

Vanesa Boo, concelleira de Cultura de Oroso, destaca “a diversidade da programación, planificada para que os nosos veciños e veciñas, independentemente da súa idade, poidan disfrutar das actividades”.

“Conscientes de que aínda estamos en pandemia, o Concello de Oroso organizou unha programación de Nadal desde o entusiasmo pero coa cautela e precaución precisas; serán unhas festas moi especiais”, engade o alcalde, Luis Rey Villaverde