subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Cambio de ubicación do espectáculo de maxia desta tarde


orosoO espectáculo de maxia desta tarde, de Dani García con 'Gadalka', será finalmente na praza do Concello de 17:00 a 20:00 horas.

Os pases serán de 10 minutos (oito nenos por pase) e as entradas poden recollerse de 16:30 a 17:00 horas na propia praza do Concello.

Dani García, gañador de premios como o Michigan Magic Day, o Close Up Contest IBM Rising de St. Louis ou o TAO M Texas en USA, estrea unha marabillosa proposta inspirado nas feiras e barracas clásicas.

Gadalka é unha incrible cabina como as dos videntes e autómatas das feiras que poderás visitar en grupos reducidos onde atoparás unha máxica sorpresa. Trátase dun novo concepto de espectáculo de rúa onde a audiencia achégase a desfrutar dun microespectáculo con todas as garantías sanitarias. Maxia de preto no primeiro espectáculo de rúa 100% covid-free.

En Gadalka Dani García crea un espazo único no que poder ver un asombroso número de maxia realizado por un fascinante personaxe. Achégate e descubre Gadalka!