subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Certame Internacional Góis-Oroso Arte 2021 inaugura a súa nova sede en Cangas


orosoO Góis-Oroso Arte celébrase tradicionalmente en xullo en Góis e en setembro en Oroso, pero este ano 2021, como novidade, fai unha parada intermedia no Concello de Cangas (Pontevedra), onde participan na exposición, artistas de 25 paises.??

O alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde, e a concelleira de Cultura, Vanesa Boo, participaron esta fin de semana na inauguración da mostra en Cangas, nun acto con diferentes autoridades, entre elas a alcaldesa do concello, Victoria Portas, e a presidenta da Cámara de Góis, Lurdes Oliveira.

“O feito de contar cunha terceira sede é un motivo máis de ilusión, a oportunidade de que as obras dos artistas participantes cheguen a máis xente e de establecer novos lazos de cooperación con veciños doutros concellos”, asegura Luis Rey.

“Gústame sempre dicir que GóisOroso Arte representa para o noso concello cada ano a apertura dunha fiestra, a da expresión artística, deixando aos creadores que pasen para ensinarlle aos veciños a súa visión da realidade; ste ano o certame ten polo tanto unha fiestra máis, a do Concello de Cangas, e estou convenvido de que a experiencia será enriquecedora para os veciños e veciñas dos tres municipios”, engade.

Luis Rey agracede “a acollida do Concello de Cangas e a súa aposta pola cultura, que no caso de Oroso é desde hai moitos anos unha prioridade”.