subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso presenta o cartaz da Troita 2021


orosoA Festa da Troita de Oroso é unha das celebracións de referencia no calendario turístico, na que cada mes de maio se dan cita milleiros de persoas para saborear a troita e gozar do patrimonio histórico e paisaxístico de Oroso.

Non obstante, dado o contexto sanitario, o Concello de Oroso tivo que reformular as actividades habituais desta celebración, que non poderá desenvolverse como en edicións anteriores.

Así, o Concello de Oroso presenta esta programación alternativa para manter viva a celebración, agardando que no 2022 a veciñanza de Oroso e os visitantes poidan gozar da tradicional festa.

Durante os días 7, 8 e 9 de maio, Oroso acollerá diferentes concertos e actuacións, con opcións para todas as idades e gustos musicais.

Banda de música, grupos de música infantil, guateque musical e outros espectáculos serán algunhas das propostas para esa fin de semana.

Prégase á veciñanza que durante a celebración cumpra estritamente con todos os protocolos sanitarios vixentes, co fin de garantir unha Troita 2021 segura.