subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Actuación de Cantigas e Agarimos en Oroso


orosoHoxe venres terá lugar ás 19.00 horas na carpa da Alameda de Góis a actuación de Cantiagas e Agarimos e será retransmitida vía streaming na páxina de Facebook do Concello<.

A pesar das últimas restriccións, dende o Concello de Oroso decidimos proseguir a diante con este espectáculo, pois queremos mostrar deste xeito o apoio a Cultura, á cultura segura.

Así é como se ven facendo durante os últimos meses, seguir a programar e ofrecer a veciñanza alternativas de ocio seguras, que permitan seguir adiante a xente que vive do mundo do espectáculo e da cultura.

Son tempos difíciles para todos os sectores, e queremos aportar así o noso graniño de area a este sector. Recalcar o noso compromiso, en todo momento, a procurar o ambiente máis seguro tanto para o elenco que acomete a función como a todo o público asistente.

Continuaremos co protocolo establecido: toma de temperatura de todos os asistentes, desinfección de máns e garantindo a distancia de seguridade entre o público.

Dadas as obrigacións de reducción de aforo, o número de compoñentes do grupo Cantigas e Agarimos adaptarase a normativa e actuarán con un número mínimo de integrantes.