subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso suspende desde esta noite as actividades da Semana Cultural como medida de precaución para preservar a seguridade e saúde dos seus veciños


Hoxe pola tarde mantense o espectáculo Píscore.

orosoO Concello de Oroso tomou esta mañá a decisión de suspender desde esta noite as actividades da Semana Cultural 2020, como medida de prevención e co único obxectivo de preservar a seguridade e saúde da veciñanza.

O concello mantén o espectáculo desta tarde, de Píscore, que se celebrará con todas as medidas de seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias, seguindo todos os protocolos de distanciamento, hixiene e control de temperatura.

O resto das actividades quedan suspendidas. A situación sanitaria en Oroso non é mala, pero as cifras de contaxios están en aumento no conxunto de Galicia, polo que o grupo de goberno quere evitar riscos innecesarios.

“É unha decisión complicada e difícil, tomada despois dunha análise pormenorizada e tendo en conta numerosas cuestións, pero para o concello o primeiro é a seguridade da veciñanza”, explica o concello.

Ademais de suspender a Semana Cultural, o concello manterá e reforzará o control e a supervisión sobre o respecto das normas e recomendacións por parte da cidadanía e os establecementos comerciais e de hostalería, facendo un chamamento á responsabilidade de todos.