subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso e o seu concello irmán de Portugal, Góis, inauguran unha nova edición do seu Certame de Arte Internacional


orosoPreto dun cento de persoas, entre autoridades, artistas e veciños, déronse cita este fin de semana en Góis para asistir á inauguración dunha nova edición do certame internacional GóisOrosoArte, que chegará a Sigüero en setembro como é habitual.

Unha exposición que foi inaugurada pola presidenta da Cámara de Góis, María Lurdes Oliveira Castanheira, e polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira. Ambos destacaron “a calidade das obras e a importancia de estar hoxe aquí, todos xuntos, despois duns meses moi duros polo coronavirus”.

oroso “A dura pandemia marcará para sempre este ano 2020, pero tanto en Oroso como neste municipio irmán de Góis tivemos claro desde un primeiro momento que o certame internacional de arte tiña que celebrarse e cumprir 15 anos, 24 no caso de Góis Arte, ao que uniuse Oroso cando xa levaba nove edicións”, afirmou Mirás.

“Faise máis necesario que nunca abrir a fiestra da expresión artística despois destes meses de confinamento, nos que os veciños e veciñas de Oroso e Góis comportáronse dunha forma exemplar”, engadiu o alcalde.

“E por suposto, tiñamos o desexo de cruzar as fronteiras e atoparnos de novo con Góis, un municipio irmán ao que botamos de menos”, rematou Mirás. Óleo, acrílicos, acuarelas, fotografía, escultura… todas as disciplinas artísticas están presentes en GóisOroso Arte, con obras de artistas de 15 países diferentes.