subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso mostra o seu apoio ao pequeno comercio e a hostelería local cun vídeo e anima á veciñanza a mercar "preto da casa"


orosoO Concello de Oroso publica este vídeo, realizado nas últimas datas, como mostra de apoio ao comercio e a hostalería local e co obxectivo de animar á veciñanza a apostar polos negocios que teñen preto da casa.

O Concello agradece o esforzo realizado por todos os comerciantes e hostaleiros “para ofrecer os seus produtos e servizos dentro dun marco que garante a máxima calidade e a seguridade para os seus clientes”.

O vídeo conta coa participación dos e das responsables de negocios de diferentes sectores e amosa todo o proceso de adaptación dos establecementos comerciais para afrontar a reapertura.

“Falamos de sectores moi perxudicados pola pandemia e o confinamento, con este vídeo queremos lembrar a necesidade de contar cun comercio local forte para manter con vida as rúas de Oroso”, explica a concelleira de Comercio, Vanesa Boo.

O vídeo pódese ver no Facebook do Concello de Oroso e únese a outras medidas de apoio ao sector, como o reparto de material de protección ou unha plataforma que se presentará nos próximos días.