subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Máis de 1.200 persoas asistiron ao desfile e concurso de comparsas e disfraces de Oroso


Éxito no tradicional desfile e concurso de disfraces de Oroso, con arredor de 1.200 persoas no pavillón e polas rúas de Sigüeiro

orosoNa categoría infantil, o gañador na modalidade individual foi ‘Luces, cámara, acción’, mentres que o finalista foi ‘Bajo el mar’; nos grupos, gañaron ‘Tribu Nodaliva; guerreiras do espazo’ e os finalistas foron ‘Kazavelutinas’; mentres que nas comparsas gañaron ‘Sigüeiro 2019’ e os finalistas foron ‘De Galicia para o mundo’.

En adultos, gañou ‘Bágoas salgadas’ en individual; en grupo, finalistas ‘Os coches de choque’ e gañador ‘Titanic 2’, mentres que nas comparsas gañaron ‘as vespas tiran o monte’ e os finalistas foron ‘Éche o que hai’. O premio especial do xurado foi para ‘Cociñeiros de sorrisos’.

As comparsas participantes saíron ás 17:30 horas do pavillón de deportes e fixeron un percorrido polas rúas de Sigüeiro. O concello repartiu máis de 3.000 euros en premios e houbo ata a noite actividades de animación, inchables, premios, música e moita diversión.

Ademais, procedeuse tamén á entrega de premios dos concursos de máscaras e o de receitas ‘En galego sabe mellor’.

O luns 24 de febreiro, ás 19.00 horas na carpa instalada no exterior de centro deportivo, chegará a quenda da festa de disfraces, cun discomóbil para nenos e nenas con dj, mascota e obradoiro de maquillaxe. Os asistentes poden colaborar levando filloas, orellas e outros productos típicos de Entroido.