subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso presenta o seu programa de Nadal con actividades moi diversas e para todas as idades


orosoO Concello de Oroso xa fixo público o seu Programa de Nadal 2019/2020, que chega cargado de actividades para todas as idades. Será un mes cheo de maxia, con moitos actos centrados sobre todo nos máis pequenos, sen esquecer aos adultos.

O pasado sábado, día 30 de novembro, celebrouse o acendido do alumeado de Nadal, que da paso a un programa de actividades que inclúe obradoiros, festivales musicais, o tradicional Mercado de Nadal, concursos, teatro e, como non, a Cabalgata de Reis do día 5 de xaneiro.

Nas próximas datas, Oroso acollerá un obradoiro de arte floral e outro de repostería, o belén vivente da escola infantil A Ulloa, o Mercado de Nadal os días 21 e 22, o concerto da Escola de Musica Municial ou a visita dos paxes reais o día 20.

Tamén haberá unha excursión xuvenil o 26 de decembro, concerto de panxoliñas, os tradicionais concursos de escaparates e postais con mensaxe, teatro para nenos con ‘Aguratrat’ ou o actuación da orquestra Fíos do Querer.

Vanesa Boo, concelleira de Cultura de Oroso, destaca “a diversidade da programación, planificada para que os nosos veciños e veciñas, independentemente da súa idade, poidan disfrutar das actividades”.

[DESCARGAR DIPTICO INFORMATIVO