subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Concerto fin de curso Escola de Música de Oroso


orosoOs combos da Escola de Música Municipal de Oroso celebraron o concerto de fin de curso, unha actividade que forma parte de 'Mergúllate na Cultura'.

Máis de 300 persoas acudiron ao concerto, no campo de fútbol Lino Balado de Oroso, ao que tamén asistiron o alcalde, Manuel Mirás, e varios concelleiros e concelleiras.

Mirás agradeceu "o traballo dos profesores e dos alumnos, que cada ano obteñen un nivel moi alto na escola", engadindo que o grupo de goberno "manterá o apoio á música e á cultura, dúas prioridades para nós".