subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Raúl García de Mateos gaña a Volta Ciclista á Provincia da Coruña.


orosoRaúl García de Mateos, do equipo Cortizo, gañou hoxe en Sigüeiro a XVIII Volta Ciclista á Provincia da Coruña, despois de tres etapas e un percorrido que comezou o venres en As Pontes. O segundo posto foi para Jorge Bueno e o terceiro para Mario Vilches.

A etapa de hoxe, que comezou e rematou en Sigüeiro, gañouna o ciclista luso Joao Fernándes nun disputado sprint.

Iván Martínez conquistou o maillot da Montaña e o portugués Joao Fernandes o das metas volantes 'Gran Premio de Oroso'. O primeiro galego da volta foi Samuel Blanco e o líder sub 23 Mario Vilches. Kuota Construcciones Paulino rematou líder na clasificación por equipos.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, destacou "a calidade dos ciclistas e da proba, que este ano acadou a súa maioría de idade".

"Para o noso concello, que ten o deporte e os hábitos de vida saudables entre as súas prioridades, é un motivo de orgullo que esta carreira remate en Oroso", engadiu.