subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Rubén Fernández Oliveira revalida a victoria no Memorial Fernando Abad de ciclismo


orosoRubén Fernández Oliveira, do equipo Norinver, gañou o IV Memorial Fernando Abad de ciclismo en Oroso, revalidando a victoria do ano pasado. Javier Freire, do Montaevai, gañou o premios das Metas Volantes.

En categoría junior, o gañador foi Manuel Rodríguez, de Ponteareas. Manuel Vázquez (Norinver) gañou na categoría Master 50; Rubén Fernández Oliveira en Master 40, e Javier Freire en Master 30.

A participación foi un éxito, con arredor de 175 ciclistas de diferentes equipos chegados de toda Galicia, nunha proba que unha vez máis celebrouse na memoria do que fora presidente do club orosán.

Os ciclistas percorreron 80 quilómetros a unha media superior aos 40 quilómetros por hora. Deron dúas voltas e pasaron polos concellos de Ordes, Trazo, Tordoia e Oroso.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Deportes, Luis Rey, destacaron “o bo ambiente e a calidade dunha proba que se consolida e serve para homenaxear a unha gran persoa, Fernando Abad”.