subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso inaugura OROSOGÓIS ARTE.


orosoO Concello de Oroso inaugurou unha nova edición do certame OrosoGóisArte, que organiza de forma conxunta co municipio luso de Góis, ubicado na comarca de Coímbra.

Á inauguración asistiu a presidenta da Cámara de Góis, Lurdes Oliveira Castanheira, e outros representantes do grupo de goberno do municipio luso, irmandado con Oroso. No certame deste ano, participan 68 artistas de 25 países diferentes.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, destacou a calidade das obras e os beneficios “de traballar xuntos, en colaboración con outros concellos como é o caso de Góis”.

Pola súa parte, o concelleiro de Cultura, Luis Rey, lembrou que “a cultura é desde hai moitos anos unha prioridade para o Concello de Oroso; unha prioridade que naceu da demanda veciñal, do interese que todos os veciños e veciñas amosan pola nosa programación cultural. A vosa masiva afluencia a todas as actividades anímanos a seguir adiante”.