subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso celebra este mes de agosto a Semana Cultural 2018.


orosoO Concello de Oroso, a través da súa Concellaría de Cultura, organiza este verán de novo a Semana Cultural, con actos para todas as idades desde o 24 de agosto ao 8 de setembro.

O programa comeza o 24 de agosto coas actuacións musicais da Asociación Cultural Amigos do Acordeón de Sigüeiro-Oroso e a orquestra Pacífico. Serán a partir das 21.00 horas.

O luns 27 de agosto temos a tradicional excursión ao aquapark de Cerceda e o 29 de agosto, mércores, Aéreos Kanbahiota trae o espectáculo ‘Vaya Circo’ ao exterior da piscina municipal. O xoves, 30 de agosto, os monicreques Fantoches Baj representarán ‘Fabúla Galénica’ na piscina.

O programa continúa o venres 31 de agosto, coa actuación musical de Vacas Tour Vacanal 2018. O 4 de setembro, de 17 a 20 horas, temos karaoke, obradoiro de chapas, a barredora, futbolín humano e máquina de palomitas no exterior da piscina.

A Semana Cultural inclúe tamén a maxia de El baúl del mago Rafa (5 de setembro) e a actuación musical de A Gramola Gominola, con ‘Cancións para desafinar’ no exterior da piscina municipal o 6 de setembro.

O venres 7 de setembro está programada a actuación de Paty Lesta & The Hits. O programa péchase o sábado 8 de setembro con dúas citas: a inauguración da exposición Góis Oroso Arte e o festival folclórico no parque do Carboeiro.