subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso celebra o día do Deporte 2018 cunha gala á que asistiron máis de 800 persoas.


O futbolista Juan Luis Amigo Ferreiro, Juanito, recolleu un recoñecemento á súa traxectoria.

oroso Concello de Oroso celebrou o Día do Deporte 2018, unha cita anual xa consolidada para os nenos e nenas que practican alguna modalidade e as súas familias. Asistiron máis de 800 persoas.

Como peche da xornada, celebrouse un acto para recoñecer o traballo de todos os clubs deportivos do municipio, cun agradecemento á función social que realizan en beneficio da veciñanza en xeral, ademais de representar ao Concello de Oroso nas diferentes competicións e eventos nos que participan.

O alcalde, Manuel Mirás, e o concelleiro de Deportes, Luis Rey, abriron o acto para agradecer “o esforzo dos deportistas e tamén das súas familias, que son as que se encargan de levar os nenos e nenas aos entrenamentos e aos partidos”. “Hoxe recoñecemos o traballo do mellor deportista ou do mellor club do ano, pero como facemos sempre o que queremos e animaros a que sigades facendo deporte, porque o deporte é saúde e o deporte son valores que estarán sempre con vos”, afimou Luis Rey.

No acto, entregouse un recoñecemento pola súa traxectoria deportiva ao futbolista Juan Luis Amigo Ferreiro, Juanito. Tamén foron galardoadas Olalla Cea, Laura Ruiz, o Club Ximnasia Oroso, o Club Patín Oroso, e o Club Oroso Fútbol Sala. Na modalidade de empresas que apoian o deporte, obtiveron un premio Xardín Senra, Xoiería Kalos e Trastes Escola Infantil.

Posteriormente, fíxose un recoñecemento ao traballo dos seguintes clubs: Club Leones BBC Béisbol; Club Oroso Fútbol Sala; Club Escola Deportiva Xuventude Oroso; Club Taekwondo ITF Oroso; Club Hípico Amazonas e Cabaleiros de Oroso; Club Ciclista e Running Tambre Bike; Club Oroso Tenis de Mesa; Club Xadrez Oroso; Club Ximnasia Oroso; Club SD Deixebre; Club Tenis de Mesa Espedregada Oroso; Club Sigüeiro FC; Club Oroso Motor Sport; Club Patín Oroso; Escola de Judo ANPA A Nosa Escola; Club CrossPadel Sigüeiro, e Escola de baloncesto Obradoiro CAB-CEIP Camiño Inglés-Concello de Oroso.

No acto, todos os deportistas dos clubs e escolas de Oroso recibiron una medalla. A xornada rematou cunha festa musical.