subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso abre a inscrición na sexta edición da súa Carreira Pedestre, que terá lugar na tarde do domingo 22 de abril.


Este ano a Carreira Pedestre presenta varias novidades, entre elas a posibilidade de realizar unha andaina e un percorrido diferente no que haberá que dar duas voltas a un circuito de 5 km.

orosoO Concello de Oroso abre o prazo de inscrición na sexta edición da Carreira Pedestre “Concello de Oroso”, que terá lugar o domingo 22 de abril a partir das 10:00 horas. Unha proba organizada polo Concello de Oroso, en colaboración coa Deputación da Coruña, Supermercados Familia, Xoería Kalos, EquipaTE e a Federación Galega de Atletismo.

Na carreira poderán participar todas as persoas que o desexen. As inscricións pódense formalizar ata o xoves 19 de abril nas páxinas web www.carreirasgalegas.com ou www.fgatletismo.es/santiago. As inscricións nas categorías escolares (de pitufo a xuvenil, é dicir, nacidos no 2001 e posteriores) son totalmente de balde, mentres que na proba absoluta a cota de inscrición é de 5 euros. Non se admitirán anotacións fóra do prazo indicado nin o propio día da carreira.

Nnesta ocasión a carreira terá lugar nun circuito de cinco quilómetros no que haberá que dar dúas voltas, e tamén haberá a posibilidade, para os que non queiran competir, de facer unha andaina dando unha soa volta ao circuíto.

Se desexas máis información ou inscribirte, pincha aquí.