subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Éxito para o taekwondo de Oroso.


orosoSara Gacio Cendal competiu no prestixioso Open internacional de España 2018 na localidade de Alicante. A deportista do Concello de Oroso, que competía en representación da Federación Galega de Taekwondo, logrou a medalla de Bronce despois de superar tres rondas de combate ante rivais moi complicadas. Sara só cedeu no combate que daba o pase á final no punto de ouro (cuarto asalto de desempate).

Sara Gacio, que todavía está no seu segundo ano junior, ten por diante un futuro moi prometedor donde a bo seguro subirá mais veces os podium dos campionatos de España que quedan por vir. A deportista do club Boudsport xa prosegue sen descanso a sua preparación para o próximo campionato galego en categoría Sub 21, ao igual que a súa compañeira de equipo e recientemente campiona galega promesas Sara Soneira Balado, que competirá na categoría cadete no próximo campionato galego Cadete/Sub 21 que se celebrará en Ordes o día 7 de Abril.