subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Aula CeMIT de Oroso emitirá a xornada “Faite dixit@l e tramita nun clic - Rexistro de Entidades Deportivas”


Casi 8.500 clubes deportivos deben adaptarse á Lei do Deporte de Galicia antes do día 18, empregando soamente a Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Este venres 9 de febreiro ás 12:00 horas, a Aula CeMIT de Sigüeiro – Oroso emitirá a xornada “Faite dixit@l e tramita nun clic - Rexistro de Entidades Deportivas” sobre o funcionamento da Sede Electrónica da Xunta de Galicia e a presentación por medios electrónicos que teñen que realizar máis de 8.500 entidades deportivas de Galicia antes do 18 de febreiro, para dar resposta a un emprazamento da Secretaría Xeral para o Deporte, sobre a necesaria actualización da inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas.

Durante esta xornada, na que intervirá un representante técnico da Amtega e un representante da Secretaría Xeral para o Deporte, se darán as pautas necesarias a través do manexo práctico da Sede Electrónica da Xunta así como do emprego dos diversos mecanismos de identificación e sinatura admitidos por dicha Sede Electrónica –incluído o sistema de usuario e clave Chave365.

Esta xornada práctica e informativa terá unha duración aproximada dunha hora – hora e media, e supón unha continuación das xornadas “Faite dixit@l e tramita nun clic” desenvoltas en setembro de 2017.

Podes solicitar a túa asistencia a través do seguinte enlace:
https://cemit.xunta.gal/actividade/23942

Para identificar o grado de interese entre as entidades deportivas do Concello e área de influencia, pode consultarse a relación de interesados nos seguintes enlaces:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171218/AnuncioG0244-301117-0006_gl.html
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171218/AnuncioG0244-301117-0006_gl.pdf