subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A Associaçao Educativa e Recreativa de Góis ofrecerá un concerto o sábado 16 de setembro na praza Isaac Díaz Pardo de Sigüeiro.


orosoA Associaçao Educativa e Recreativa de Góis (AERG) ofrecerá este sábado 16 de setembro, ás 11:00 horas, un concerto na praza Isaac Díaz Pardo de Sigüeiro (Oroso). Unha actuación organizada en colaboración co Concello de Oroso e que ten lugar co gallo da celebración das festas na honra a Santa Eufemia. Despois iniciará un percorrido polas rúas de Sigüeiro ata chegar á Igrexa de San Andrés da Barciela (Sigüeiro-Santiago).

A AERG foi fundada en 1939, aínda que a súa orixe se remonta a tempos da Filarmónica de Góis en 1834. Conta actualmente con 35 membros e conta cunha pequena Escola de Música no municipio irmán de Góis. Pola súa banda, a parroquia de San Andrés da Barciela celebrará o día de Santa Eufemia con misas cantadas cada hora entre as 9:00 e as 13:00 horas, momento da misa solemne presidida polo bispo auxiliar de Santiago.