subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Preto de sesenta rapaces e rapazas participan nunha excursión ao Aquapark de Cerceda dentro da Semana Cultural Oroso 2017.


orosoPreto de sesenta rapaces e rapazas participaron na xa tradicional excursión ao Aquapark de Cerceda que todos os anos se inclúe na programación da Semana Cultural do Concello de Oroso. Unha saída programada inicialmente para o pasado xoves pero que tivo que ser aprazada ante as previsións de choiva en Cerceda e que, sen embargo, si que puido levarse a cabo sen problemas na xornada de onte luns.

De feito, e en contraste coas inundacións rexistradas en varios puntos da comarca de Santiago, a expedición orosá non só evitou a choiva senón que contou con bo tempo, o que permitiu que os rapaces e rapazas puideran desfrutar ao máximo das instalacións do Aquapark cercedense.