O mago Román ofrecerá un espectáculo gratuíto este mércores en Oroso.
O mago Román García traerá a Oroso o seu espectáculo de maxia e ilusionismo este mércores 28 de xuño, ás 19:00 horas. Unha actuación de acceso libre e de balde que está programada no exterior da piscina municipal de Sigüeiro, pero que se trasladaría ao auditorio do centro cultural de Sigüeiro no caso de chuvia.
Esta actuación está incluída no programa “Mergúllate na cultura”, elaborado polo Concello de Oroso para este mes de xuño. Román García, premio nacional de maxia de preto en 1996, combina nos seus espectáculos arte e ciencia, comedia e drama, imaxinación e realidade.