subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Sigüeiro acollerá unha exposición de medio cento de motos vespa e lambretta durante a celebración da IV Scooterada Compostelá.


Os veciños poderán visitar esta mostra na praza Isaac Díaz Pardo, ás 13:30 horas.

oroso Sigüeiro acollerá na mañá deste sábado, 31 de maio, aos membros do Scooter Clube Compostela que participarán na cuarta edición da “Scooterada compostelá”. Trátase dunha ruta turística organizada por esta asociación compostelá e na que tradicionalmente participan medio cento de afeccionados coas súas motos Vespa e Lambretta.

A concelleira de Réxime Interior e Comercio, Vanessa Reboredo, e o presidente do Motoclubcompostela, Agustín Abalde, acordaron a organización dunha exposición de medio cento de motos Vespa e Lambretta. Unhas motos que poderán ser visitadas polos veciños e veciñas de Oroso durante a estancia da Scooterada na praza Isaac Díaz Pardo de Sigüeiro, a partir das 13:30 horas deste sábado.

Así mesmo, o Concello de Oroso ofrecerá un pequeno refrixerio aos participantes nesta tradicional ruta, que o ano pasado levou a estes afeccionados polas terras de Brión e Negreira. Trala súa estancia en Sigüeiro, procedentes de Santiago e Arzúa, a expedición partirá cara ao veciño concello de Trazo, onde celebrarán un xantar. O encontro rematará pola noite cun concerto de rock no pub “La Radio” nun pub do casco vello compostelán.