O Concello de Oroso colabora cos colectivos organizadores das Festas Sigüeiro-Barciela 2022
O Concello de Oroso ten previsto colaborar coa
Asociación Xuvenil Moz@s do Tambre e coa entidade Oroso Aventura para facilitar a
organización das Festas Sigüeiro-Barciela 2022, que se celebrarán os días 26, 27 e 28
de agosto na Alameda de Góis (Sigüeiro) e o venres 16 de setembro en Barciela.
A colaboración municipal será loxística e económica e enmárcase no acordo do
goberno local de apoiar este ano a todas as comisións de festas, ao considerar que “co
seu labor tamén contribúen a dinamizar este municipio cultural e economicamente”.
En canto á programación, o venres 26 de agosto están previstas as actuacións dos djs
Sonic e Tony Seijas, a discoteca móbil Impacto e o grupo Unión y Fuerza. O sábado 27
de agosto pola noite chegará o prato forte destas festas de verán coa participación
das orquestras París de Noia e Sorpresa, mentres que o domingo 28 na sesión vermú e
na verbena actuará o grupo Alborada.
Pola súa parte, as celebracións en Barciela o venres 16 de setembro incluirán tanto na
sesión vermú como na verbena nocturna as actuacións do grupo Tania Veiras e da
discoteca móbil Impacto.