O certame “GóisOrosoArte” abre en Góis (Portugal) a mostra coas 79 obras que visitarán Oroso en setembro
O alcalde de Oroso, Luis Rey, e o seu homólogo de Góis, António Rui de Sousa, inauguraron na Casa do Artista a exposición con obras de artistas procedentes de 19 países
O alcalde de Oroso, Luis Rey, e a concelleira de Cultura,
Beatriz Rodeiro, participaron onte na localidade portuguesa de Góis -coa que está
irmandada o Concello de Oroso- no acto de inauguración da exposición do Certame
Internacional “GóisOrosoArte”, que nesta edición de 2022 exhibe un total de 79 obras
de autores procedentes de 19 países.
Esta mostra, que xa se pode visitar na Casa do Artista da Cámara Municipal de Góis,
inclúe obras de temática libre e de disciplinas como a escultura, a pintura, a fotografía
ou o deseño, chegadas tanto de España e Portugal como de países como China ou
Reino Unido. Todas estas pezas trasladaranse a finais do verán a Oroso, onde poderán
contemplarse a partires do día 9 de setembro.
O alcalde de Oroso, que estivo acompañado polo seu homólogo de Góis, António
Rui de Sousa, aproveitou a súa intervención no acto inaugural para "comprometer a
continuidade desta irmandande entre os dous concellos a través da cultura" porque
"este encontro vai moito máis alá do eido cultural, xa que todos os demais sectores
municipais de Góis e Oroso benefícianse desta unión".