subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Éxito do desfile e concurso de comparsas e disfraces de Oroso


orosoÉxito do tradicional desfile e concurso de disfraces de Oroso, con máis de 1.000 persoas polas rúas de Sigüeiro e o pavillón.

Na categoría infantil, a gañadora na modalidade individual foi ‘Dama Antigua Recicladora’, mentres que o finalista foi ‘O Bombeiro Ecolóxico’; nos grupos, gañaron ‘Gotitas de Fondo de Bikini’ e as finalistas foron ‘Musas das Flores’; mentres que nas comparsas gañaron ‘As Tanxugueiras de Lembranzas’.

Na categoría xeral, gañou ‘Godzilla polo Ulla’ en individual, mentres que o finalista foi ‘Puntada sen fío’; en grupo, foron finalistas ‘Xoán Travolta e Olivia’ e gañador ‘Toy Story’, mentres que nas comparsas gañaron ‘Oroso West’ e os finalistas foron ‘Mario y Luigi a la carrera’. O premio especial do xurado foi para ‘Mamá’.

As comparsas participantes saíron ás 17:30 horas do pavillón de deportes e fixeron un percorrido polas rúas de Sigüeiro. O concello repartiu máis de 3.000 euros en premios.

Ademais, procedeuse tamén á entrega de premios dos concursos de máscaras.

Hoxe, luns 28 de febreiro, celebraremos unha xornadas reposteiras para nenos e, ás 18.00 horas na carpa instalada no exterior de centro deportivo, chegará a quenda da festa de disfraces con photocall. Non haberá merenda como medida de precaución pola situación sanitaria. Uso obrigatorio de máscara.